Camiñaches por rueiros, congostras e penas...
badeaches rios, regachos e veigas....
topaches valos de infranqueable certeza......
campos labrados...e pataqueiras
prados baldíos...rodeados de toxo...fieitos e xestas....
sin margaridas..nin frores..nin primaveiras.
coa soa compaña das espiñas da toxeira
Tira carreteira.....tira da carreta....que outra non queda!!....
e quizais alen das horas pasadas entre bagoas e tristezas
cando deas cos teus osos nun curruncho de terra
veras o fin naceren as frores que a vida che adeuda...
por creerche daquela baleira de esprito...sin ialma nin lema...
Tira carreteira....tira da carreta....que outra non queda!!!....
que tolas aiche moitas inda que so a ti te vexan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario